DJ Hoppa
O que precisas
Xa son máis de vinte anos
Fodendo a estirpe dos nosos amos
Nos osamos non ser domesticados
Se nos xuntamos seguro que a liamos

Por onde pasamos arramos, unha boa armamos
Pensamos nos comos tamén no cando
Buscando o faro, forxando o noso bando
Uns con traballo, outros contrabando

Bancos e narcos cas nosas vidas xogando
So estou contando o que está pasando
Cámaras grabando, uns tragando, eu protestando
Alabando o pobo armado, Marlon Brando

Demostrando que ando con quen non che conven
Os Polanco canto evaden? que lles den
Fuck them. Alén mar, ven, embriagado en polen
Poren nunca máis serei xoven

Algúns non se moven, ainda que os foden
Senon poden, os pobres berraremos dobre
Faremos que o paguen, deixan todo podre
Moderen a linguaxe, queren pa que non avancen

Ben o saben, non vacilen, nin disimulen
Farei que o asimilen, ata que se calen
E non nos controlen, non queren que emulen
Os que se rebelen, pa que outros acumulen