Hugo Guezeta
Berro colectivo
[Letra de "Berro colectivo"]

[Estrofa 1: Hugo Guezeta]
Xa fixémo-la colabo', aliñáronse os astros
Celta renacendo deses verdes castros
Corenta en bastos, espíritu de 5 Talegos
Cinco galegos e un me'io vasco
Puro combate, non hai escape, porque imos a morte
Que nos delaten, o cora' late sempre en cada corte
Desobedecer coma deporte
Dilles que non somos Stark pero mandamos no norte

[Estrofa 2: Hugo Guezeta]
Imos forte, neno, loitando pola terra sempre
Outros por vender, venderon á súa xente
Proclámanse os mellores pero creo que non
Son farsantes perdedores coma Juan Guaidó
Cagho en to', despois de facer este puto tema
Só falta tomar a Xunta e liscar a Feijóo
Eiquí dise "caralludo" non "amazing, bro"
Só rimo en castelán se mo pide Kase.O

[Estrofa 3: Petrowski]
Dando couces a racistas, como Eric Cantoná
Son o rookie malfalado que reventa co seu track
Chámame "puto toyaco" que xa tanto me dá
Que eu só creo no dereito de vivirmos en paz
Con resaca emocional, esta merda xa cansa
Primeiro foi traxedia, renaceu como farsa
Morra o mal goberno, hai que facer que todo arda
O seu inferno, nosa única esperanza
[Retrouso]
Dixéronnos que non se podía
Tentaron silenciarnos dende que fumos cativos
Vemos inxustiza cada día
Para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos
Que nos protexía a policía
Protexen ao poder, o pobo sempre ferido
Coa nosa memoria como guía
Van escoitar ben forte este berro colectivo

[Estrofa 4: Alex Arnoso]
SonDaRúa e Ezetaerre soltando versos combativos
Para que a peñita berre, erre que erre, canto en galego
Non me vou mudar de lingua pra ver se me pego
Vimos de abaixo, chego ata o ceo, aquí non vexo deus
Xa non encaixo, xa non vos creo, os medios minten, meu
Inda e Ferreras son os dous do mesmo dono
Ambos pensan o mesmo aínda que lle cambien o tono
Pronunciamento no ano '36
Pero o das urnas en Cataluña, un golpe de Estado
"A por ellos!" din os que só cumplen leis
Logo van dar hostias todos enfarlopados

[Estrofa 5: Garchuvique]
Cos dous de sempre, medo me dá
A colabo' máis ansiada que a volta de RDA
Pillaron ós seus fillos escoitando os nosos tracks
E pediron que aplicaran o PIN parental
O plano temporal non podo entendelo
Fascistas sen complexos, entre risos no Hormiguero
Nin un peso no peto, pero cremos no que temos
Este tema nos teus cascos, a revolta no tinteiro
[Retrouso]
Dixéronnos que non se podía
Tentaron silenciarnos dende que fumos cativos
Vemos inxustiza cada día
Para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos
Que nos protexía a policía
Protexen ao poder, o pobo sempre ferido
Coa nosa memoria como guía
Van escoitar ben forte este berro colectivo

[Estrofa 6: Juan]
Mira a eses tres, con eses dous, que andan argallando?
Agora aplauden forte os que quixeron enfrentarnos
Que non somos rivais como soñaron uns cantos
Xa teño vinte e tantos para andarme con teatros
Ei sí, que non temos rival
Imos poñer a Don Patricio a estrear o gulag
Sobra medio panorama e moito intelectual
Ezetarre e SonDaRúa na caluga de Abascal

[Interludio: Todos]
Sen parar ate crebar tódalas fendas
Que no rap da terra xa somos lendas
Mellorar, facelo para que transcenda
Que as nosas rimas non están á venda
Uns botando cara, enganando seguidores
Nós puxémola na rúa, que será a que nos coroe
Branco e negro o panorama, pois sacámoslles as cores
Connosco na partida xa comezan en game over
[Retrouso]
Dixéronnos que non se podía
Tentaron silenciarnos dende que fumos cativos
Vemos inxustiza cada día
Para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos
Que nos protexía a policía
Protexen ao poder, o pobo sempre ferido
Coa nosa memoria como guía
Van escoitar ben forte este berro colectivo