Mägo de Oz
Conxuro (Da quemaida)
[Letra de "Conxuro (Da quemaida)"]
[Falado: Esther García Menager]
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasgos e dianhos, espritos das nevoadas veigas
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimañas
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, Cheiro dos mortos, tronos e raios
Oubeo do can, pregón da morte
Fouciño do sátiro e pé do coello
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadávares ardentes, Corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, Muxido da mar embravescida
Barriga inútil da muller solteira
Falar dos gatos que andan a xaneira
Guedella porra da cabra mal parida
Con este fol levantarei as chamas
Deste lume que asemella ao do inferno
E fuxirán as bruxas acabalo das súas escobas
Índose bañar na praia das areas gordas
Oíde! Oíde os ruxidos que dan as que non poden deixar de Queimarse no augaardente, quedando así purificadas
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas
Quedaremos libres dos males da nosa alma
E de todo embruxamento
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada:
Si é verdade que tendés máis poder que a humana xente
Eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora Participen con nos desta queimada