Eu ben sei d´estos secretos
Que s´ esconden nas entrañas
Que robolen sempre inquietos
Baixo mil formas extrañas
Eu ben sei d´estes tormentos
Que cosomen e devoran
Dos que fan xemer os ventos
Dos que morden cando choran
Y anqu´hora sorrindo canto
Anqu´hora canto con brio
Tanto chorey, chorey tanto
Com´as auguiñas d´un rio
Tiben en pasados dias
Fondas penas é pesares
E chorey vagoas tan frias
Com´as auguiñas dos mares
Tiben tan fondos amores
E tan fondas amarguras
Qu´era fonte de dolores
Nacida entre penas duras